TALLERES EN FAMILIA

Presentación do obradoiro “ExpresArte e movemento en familia” cunha sesión gratuita na que vos daremos unha pincelada de este obradoiro que faremos de xeito mensual. Traballaremos a través da expresión corporal e vos convidamos a vir en familia (unha persoa adulta por cada nena/o, a partires de 3 anos). Anotádevos no: 609550278. Vémonos na Xoaniña Soñadora (Rúa Martín Echegaray, 10, vigo

 

 

 

PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE, O XOVES 28 AS 11:00 NA XOANIÑA SOÑADORA.

“Xogo e Aprendizaxe en Familia” 

 

 

Miudiño SCG: Outro xeito de xogar, bailar, cantar e soñar

A Cooperativa Miudiño nace do mundo da ilusión e dos soños, alimentada de tres grandes paixóns: a infancia, a natureza e o patrimonio cultural, que combinados entre si van dando vida a todo o que facemos: música, xogos e xoguetes, obradoiros e contos.

“Xogo e aprendizaxe en Familia”, punto de encontro con moitos recursos para familias con pequenos: xogo, contos, música e moita parola sobre crianza e educación emocional.

Obradoiro impartido por Judit Santos. Psicóloga colexiada nºG3995, con ampla formación e experiencia no mundo da educación emocional e integrante da cooperativa.

http://www.miudinho.gal/